sábado, 22 de marzo de 2014

MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

 
MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

Situación
Este conxunto vigués está situado na parroquia de Valadares, se accede dende a estrada PO-331 estrada que une Gondomár co Porriño, baixo o monte Galiñeiro, hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do río de Zamáns onde se localizan estes muíños.

A contorna en que se localiza forma parte do sendeiro panorámico de Vigo, GR-53 e toda a zona posúe un gran valor medioambiental.

Descrición
O conxunto está formado por dúas edificacións. Unha delas é unha vivenda muíño con dúas alturas e o outro un muíño de configuración habitual.
O nome Maquía provén da medida de moenda que a persoa usuaria debería pagar ao propietario do muíño por moer o gran.

Vivenda muíño
Este é o muíño principal e vivenda da persoa que estaba a cargo da moenda.
Presenta dúas plantas de altura baixo unha cuberta a dúas augas.

Fachada principal
O máis especular a primeira vista é o pórtico da fachada principal, composto por unha esqueira de seis chanzos gradados a tres caras piramidalmente. Esta esqueira pétrea introdúcenos nun patín que ocupa o largo da fachada, con catro columnas, con cadansúa base e capitel. Estas columnas son cúbicas con rebaixes achafranados nas arestas. As columnas están unidas entre si dúas a dúas por senllos peitorís, deixando a zona central exenta para acceso ao patín. As columnas sosteñen a prolongación cara a fóra da planta superior creando un claro efecto de soportal.





viernes, 31 de agosto de 2012

Pantalla de Xinzo de Limia

pantalla by amaianos
pantalla, a photo by amaianos on Flickr.
As Pantallas é o máis característico do carnaval de Xinzo de Limia, é o nome que reciben as peculiares máscaras. Este disfrazo está formado por unha camisa e uns calzóns de cor branco. Tamén ten unha capa de cor vermello con citas de cores e unha faixa arredor da cintura do mesmo ton, un cinto con axóuxeres e unha careta de cartón na que se debuxan distintos motivos animais ou celestes, que é o que lle dá o nome ó disfrazo. As Pantallas son as encargadas de que a xente se disfrace polo que perseguen a tódolos que se atreven a saír á rúa sen disfrazar. Levan na man vexigas de vaca secas e cheas de ar, que baten unhas con outras pra que saibamos que están aí. Cando se atopan a alguén sen disfrazar lévano ó bar máis próximo para obrigalo a pagar unha rolda de viño. As pantallas convértense eses días nas raíñas da festa e das rúas.

sábado, 25 de agosto de 2012

As Ermidas (O Bolo, Ourense)

As Ermidas (O Bolo, Ourense) by amaianos
As Ermidas (O Bolo, Ourense), a photo by amaianos on Flickr.

 O que visite o concello do Bolo ten que ve-lo Santuario das Ermidas, situado xunto ó río Bibei, nun enclave privilexiado. O santuario é de estilo barroco e chégase a el despois dun percorrido polo viacrucis da mesma época. É único en España e está constituído por tres naves, onde sobresae o altar maior. Tamén merece especial interese o castelo do Bolo.

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro by amaianos
Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro, a photo by amaianos on Flickr.


O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.

Ruta da auga (Ames)


Ruta da auga (Ames) by amaianos
Ruta da auga (Ames), a photo by amaianos on Flickr.


  • Sendeiro: circular
  • Distancia: 7 quilómetros
  • Duración estimada: 2.30 horas
  • Desnivel máximo: 260 metros
  • Altitude: de 90 a 350 metros
  • Dificultade: media
  • Cartografía: folla 94-IV Santiago (mapa topográfico nacional 1:25.000)
 Comézase o percorrido ao pé do muíño restaurado de Vilar a 90 metros de altitude, aproximadamente. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño á esquerda ata chegar a unha pista forestal. De seguido, chégase ao primeiro dos muíños, o muíño de Ortoño, o único que queda á beira dereita do regato de Riamonte.

Crúzase o regato por unha pontella e déixase á esquerda. O camiño segue por un tramo de bosque de ribeira, entre freixos e ameneiros, que descobren o resto dos muíños: o Novo, o da Xustiza, o da Pedra... ata chegar ao muíño de Arriba de Todo. Dez muíños en 500 metros, entre pozas e pequenas fervenzas, que manteñen o seu misterio de tradicións e historias.

Os muíños de Riamonte moían todo o verán coas augas que se estancaban no pozo, mentres noutros lugares escaseaba a auga e interrompían o traballo. Forman parte dunha forma de vida comunitaria, na que os veciños tiñan cadansúa obriga, dende a apertura do pozo, dereito outorgado ao levador do Muíño Vello, ata a picadura das pedras de moer ou o mantemento de paredes e tellados.

Despois de dous quilómetros de percorrido, ao remate deste camiño entre a fraga, sóbese por unha pista ata chegar ao Pozo de Riamonte, o lugar onde se represaba a auga para o funcionamento dos muíños. Unha pista forestal conduce dende o pozo ata a estrada que comunica Castelo con Cortegada. Despois de 20 metros por esta estrada, tómase outra pista sinalizada á dereita, en constante subida entre plantacións de eucaliptos, ata chegar ao punto máis alto do percorrido, na metade do traxecto. Trátase do Miradoiro do Monte de San Marcos, situado a 343 metros de altitude. Dende aquí, pódese contemplar unha magnífica panorámica do val do río Sar e de toda a comarca. En 200 metros chégase ás ruínas da Ermida de San Marcos, a carón dun posible asentamento dunha torre de vixiancia medieval.

A volta faise en continuo descenso, seguindo as marcas dos postes de madeira que axudan a guiar o camiño, alternando entre monte baixo de toxo e eucaliptal, rodeando a ladeira do Monte de San Marcos polo sur primeiro e logo polo oeste.

Os últimos dous quilómetros volven achegarse preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para rematar, despois de cruzar a ponte, no mesmo lugar onde principiou o camiño.

jueves, 16 de febrero de 2012

Praia do Rostro, Fisterra

Praia do Rostro, Fisterra by amaianos
Praia do Rostro, Fisterra, a photo by amaianos on Flickr.
Existe unha lenda asociada a esta praia que afirma que debaixo das súas areas se atopa a mítica cidade de Dugium, fundada polos nerios e que sucumbiu baixo unha enorme onda nun apocalíptico temporal. O certo é que algo aconteceu aquí posto que o estudio|estudo xeolóxico demostra que, baixo a area, se sucederon cambios xeolóxicos con demasiada rapidez e se atoparon notables restos arqueolóxicos.
guias.masmar.net/Playas/Galicia/Praia-do-Rostro-Fisterra

jueves, 1 de septiembre de 2011

Faro de Punta Nariga

Faro by amaianos
Faro , a photo by amaianos on Flickr.
O Faro de Punta Nariga está en funcionamento dende 1997, foi diseñado polo arquitecto César Portela, representa un barco de pedra que nos achega ao mar.
Como o marcarón de proa sitúase un atlante obra do escultor Manolo Coia retando as olas do mar.
Dende a proda vese o inmenso océano e a esquerda sitúase a zona de O Roncudo en Corme e a dereita as Illas Sisargas