Mostrando entradas con la etiqueta castelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castelo. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de marzo de 2011

Castelo de Pambre (Palas de Rei)

Castelo de Pambre by amaianos
Castelo de Pambre, a photo by amaianos on Flickr.
O Castelo de Pambre é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña.
Foi construido a finais do século XIV por don Gonzalo Ozores de Ulloa.

Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo e temendo pola súa vida, decide fuxir salvando a vida e o castelo que foi respectado polos irmandiños.

lunes, 28 de marzo de 2011

Castelo de San Felipe, Ferrol

Castelo de San Felipe, Ferrol by amaianos
Castelo de San Felipe, Ferrol, a photo by amaianos on Flickr.
Construción defensiva de estilo predominantemente neoclásico. En tempos de Felipe II ergueuse un primeiro castelo, que se reformou entre 1731-1775. Constitúe un dos exemplos máis representativos das grandes "baterías-abaluartadas" do século XVIII. Servía para a defensa da ría de Ferrol e os ataques por terra. Dispoñía dun sistema de muros saíntes cubrindo os flancos dos muros laterais. Segue os modelos académicos da súa época, a Ilustración; neste caso a aplicación das matemáticas á arte da guerra. Trazado xeométrico e cantería. Os enxeñeiros militares que o deseñaron foron Francisco Montaigú, Juan de la Ferriére e Juan Vergel. Posúe magníficas vistas sobre toda a ría e o Castelo da Palma. Recentemente adquirido polo Concello de Ferrol, é susceptible de remodelación e rehabilitación para usos culturais.