Galicia Meiga
viernes, 31 de agosto de 2012
Pantalla de Xinzo de Limia
As Pantallas é o máis característico do carnaval de Xinzo de Limia, é o nome que reciben as peculiares máscaras. Este disfrazo está formado por unha camisa e uns calzóns de cor branco. Tamén ten unha capa de cor vermello con citas de cores e unha faixa arredor da cintura do mesmo ton, un cinto con axóuxeres e unha careta de cartón na que se debuxan distintos motivos animais ou celestes, que é o que lle dá o nome ó disfrazo. As Pantallas son as encargadas de que a xente se disfrace polo que perseguen a tódolos que se atreven a saír á rúa sen disfrazar. Levan na man vexigas de vaca secas e cheas de ar, que baten unhas con outras pra que saibamos que están aí. Cando se atopan a alguén sen disfrazar lévano ó bar máis próximo para obrigalo a pagar unha rolda de viño. As pantallas convértense eses días nas raíñas da festa e das rúas.
Etiquetas:
amaianos,
Carnal,
disfraz,
Galicia,
Galicia Meiga,
Ourense,
Pantallas,
Xinzo de Limia
sábado, 25 de agosto de 2012
As Ermidas (O Bolo, Ourense)

As Ermidas (O Bolo, Ourense), a photo by amaianos on Flickr.
O que visite o concello do Bolo ten que ve-lo Santuario das Ermidas, situado xunto ó río Bibei, nun enclave privilexiado. O santuario é de estilo barroco e chégase a el despois dun percorrido polo viacrucis da mesma época. É único en España e está constituído por tres naves, onde sobresae o altar maior. Tamén merece especial interese o castelo do Bolo.
Etiquetas:
amaianos,
As Ermidas,
Galicia,
Galicia Meiga,
O Bolo,
Ourense,
Santuario
Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro, a photo by amaianos on Flickr.
O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é
un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de
Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de
Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo
integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre
conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a
investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este
patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao
público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso
e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.
Etiquetas:
amaianos,
arte rupestre,
Campo Lameiro,
Galicia,
Galicia Meiga,
Laxe da Forneiriña,
petroglifos
Ruta da auga (Ames)

Ruta da auga (Ames), a photo by amaianos on Flickr.
- Sendeiro: circular
- Distancia: 7 quilómetros
- Duración estimada: 2.30 horas
- Desnivel máximo: 260 metros
- Altitude: de 90 a 350 metros
- Dificultade: media
- Cartografía: folla 94-IV Santiago (mapa topográfico nacional 1:25.000)
Crúzase o regato por unha pontella e déixase á esquerda. O camiño segue por un tramo de bosque de ribeira, entre freixos e ameneiros, que descobren o resto dos muíños: o Novo, o da Xustiza, o da Pedra... ata chegar ao muíño de Arriba de Todo. Dez muíños en 500 metros, entre pozas e pequenas fervenzas, que manteñen o seu misterio de tradicións e historias.
Os muíños de Riamonte moían todo o verán coas augas que se estancaban no pozo, mentres noutros lugares escaseaba a auga e interrompían o traballo. Forman parte dunha forma de vida comunitaria, na que os veciños tiñan cadansúa obriga, dende a apertura do pozo, dereito outorgado ao levador do Muíño Vello, ata a picadura das pedras de moer ou o mantemento de paredes e tellados.
Despois de dous quilómetros de percorrido, ao remate deste camiño entre a fraga, sóbese por unha pista ata chegar ao Pozo de Riamonte, o lugar onde se represaba a auga para o funcionamento dos muíños. Unha pista forestal conduce dende o pozo ata a estrada que comunica Castelo con Cortegada. Despois de 20 metros por esta estrada, tómase outra pista sinalizada á dereita, en constante subida entre plantacións de eucaliptos, ata chegar ao punto máis alto do percorrido, na metade do traxecto. Trátase do Miradoiro do Monte de San Marcos, situado a 343 metros de altitude. Dende aquí, pódese contemplar unha magnífica panorámica do val do río Sar e de toda a comarca. En 200 metros chégase ás ruínas da Ermida de San Marcos, a carón dun posible asentamento dunha torre de vixiancia medieval.
A volta faise en continuo descenso, seguindo as marcas dos postes de madeira que axudan a guiar o camiño, alternando entre monte baixo de toxo e eucaliptal, rodeando a ladeira do Monte de San Marcos polo sur primeiro e logo polo oeste.
Os últimos dous quilómetros volven achegarse preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para rematar, despois de cruzar a ponte, no mesmo lugar onde principiou o camiño.
Etiquetas:
Amainos,
Concello de Ames,
Galicia Meiga,
Ruta da auga,
rutas Galicia
jueves, 16 de febrero de 2012
Praia do Rostro, Fisterra
Existe unha lenda asociada a esta praia que afirma que debaixo das súas areas se atopa a mítica cidade de Dugium, fundada polos nerios e que sucumbiu baixo unha enorme onda nun apocalíptico temporal. O certo é que algo aconteceu aquí posto que o estudio|estudo xeolóxico demostra que, baixo a area, se sucederon cambios xeolóxicos con demasiada rapidez e se atoparon notables restos arqueolóxicos.
guias.masmar.net/Playas/Galicia/Praia-do-Rostro-Fisterra
Etiquetas:
aamaianos,
Fisterra,
Galicia,
Galicia Meiga,
praia Do Rostro
jueves, 1 de septiembre de 2011
Faro de Punta Nariga
O Faro de Punta Nariga está en funcionamento dende 1997, foi diseñado polo arquitecto César Portela, representa un barco de pedra que nos achega ao mar.
Como o marcarón de proa sitúase un atlante obra do escultor Manolo Coia retando as olas do mar.
Dende a proda vese o inmenso océano e a esquerda sitúase a zona de O Roncudo en Corme e a dereita as Illas Sisargas
Como o marcarón de proa sitúase un atlante obra do escultor Manolo Coia retando as olas do mar.
Dende a proda vese o inmenso océano e a esquerda sitúase a zona de O Roncudo en Corme e a dereita as Illas Sisargas
Etiquetas:
amaianos,
Faro,
Faro Punta Nariga,
Galicia,
Galicia Meiga
martes, 26 de abril de 2011
Pazo de Cascaxide en Escuadro (Silleda)
Pazo do século XVII, no interior un hórreo un cruceiro e unha capela completan o monumento.
Pegado a este Pazo atopamos o centenario bosque de Cascaxide unha fragua de sete hectáreas poboada por especies autóctonas, e que foi galardoada co premio nacional de bosques no ano 2008.
Paga a pena visitar os arredores e un paseo polo bosque.
Como curiosidade dicir que neste Pazo rodouse a serie Piratas de Tele 5
Pegado a este Pazo atopamos o centenario bosque de Cascaxide unha fragua de sete hectáreas poboada por especies autóctonas, e que foi galardoada co premio nacional de bosques no ano 2008.
Paga a pena visitar os arredores e un paseo polo bosque.
Como curiosidade dicir que neste Pazo rodouse a serie Piratas de Tele 5
Etiquetas:
Galicia,
Galicia Meiga,
Pazo,
Pazo Cascaxide,
Tele 5
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



