sábado, 22 de marzo de 2014

MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

 
MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

Situación
Este conxunto vigués está situado na parroquia de Valadares, se accede dende a estrada PO-331 estrada que une Gondomár co Porriño, baixo o monte Galiñeiro, hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do río de Zamáns onde se localizan estes muíños.

A contorna en que se localiza forma parte do sendeiro panorámico de Vigo, GR-53 e toda a zona posúe un gran valor medioambiental.

Descrición
O conxunto está formado por dúas edificacións. Unha delas é unha vivenda muíño con dúas alturas e o outro un muíño de configuración habitual.
O nome Maquía provén da medida de moenda que a persoa usuaria debería pagar ao propietario do muíño por moer o gran.

Vivenda muíño
Este é o muíño principal e vivenda da persoa que estaba a cargo da moenda.
Presenta dúas plantas de altura baixo unha cuberta a dúas augas.

Fachada principal
O máis especular a primeira vista é o pórtico da fachada principal, composto por unha esqueira de seis chanzos gradados a tres caras piramidalmente. Esta esqueira pétrea introdúcenos nun patín que ocupa o largo da fachada, con catro columnas, con cadansúa base e capitel. Estas columnas son cúbicas con rebaixes achafranados nas arestas. As columnas están unidas entre si dúas a dúas por senllos peitorís, deixando a zona central exenta para acceso ao patín. As columnas sosteñen a prolongación cara a fóra da planta superior creando un claro efecto de soportal.





No hay comentarios: