Mostrando entradas con la etiqueta amaianos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amaianos. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2014

MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

 
MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

Situación
Este conxunto vigués está situado na parroquia de Valadares, se accede dende a estrada PO-331 estrada que une Gondomár co Porriño, baixo o monte Galiñeiro, hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do río de Zamáns onde se localizan estes muíños.

A contorna en que se localiza forma parte do sendeiro panorámico de Vigo, GR-53 e toda a zona posúe un gran valor medioambiental.

Descrición
O conxunto está formado por dúas edificacións. Unha delas é unha vivenda muíño con dúas alturas e o outro un muíño de configuración habitual.
O nome Maquía provén da medida de moenda que a persoa usuaria debería pagar ao propietario do muíño por moer o gran.

Vivenda muíño
Este é o muíño principal e vivenda da persoa que estaba a cargo da moenda.
Presenta dúas plantas de altura baixo unha cuberta a dúas augas.

Fachada principal
O máis especular a primeira vista é o pórtico da fachada principal, composto por unha esqueira de seis chanzos gradados a tres caras piramidalmente. Esta esqueira pétrea introdúcenos nun patín que ocupa o largo da fachada, con catro columnas, con cadansúa base e capitel. Estas columnas son cúbicas con rebaixes achafranados nas arestas. As columnas están unidas entre si dúas a dúas por senllos peitorís, deixando a zona central exenta para acceso ao patín. As columnas sosteñen a prolongación cara a fóra da planta superior creando un claro efecto de soportal.





viernes, 31 de agosto de 2012

Pantalla de Xinzo de Limia

pantalla by amaianos
pantalla, a photo by amaianos on Flickr.
As Pantallas é o máis característico do carnaval de Xinzo de Limia, é o nome que reciben as peculiares máscaras. Este disfrazo está formado por unha camisa e uns calzóns de cor branco. Tamén ten unha capa de cor vermello con citas de cores e unha faixa arredor da cintura do mesmo ton, un cinto con axóuxeres e unha careta de cartón na que se debuxan distintos motivos animais ou celestes, que é o que lle dá o nome ó disfrazo. As Pantallas son as encargadas de que a xente se disfrace polo que perseguen a tódolos que se atreven a saír á rúa sen disfrazar. Levan na man vexigas de vaca secas e cheas de ar, que baten unhas con outras pra que saibamos que están aí. Cando se atopan a alguén sen disfrazar lévano ó bar máis próximo para obrigalo a pagar unha rolda de viño. As pantallas convértense eses días nas raíñas da festa e das rúas.

sábado, 25 de agosto de 2012

As Ermidas (O Bolo, Ourense)

As Ermidas (O Bolo, Ourense) by amaianos
As Ermidas (O Bolo, Ourense), a photo by amaianos on Flickr.

 O que visite o concello do Bolo ten que ve-lo Santuario das Ermidas, situado xunto ó río Bibei, nun enclave privilexiado. O santuario é de estilo barroco e chégase a el despois dun percorrido polo viacrucis da mesma época. É único en España e está constituído por tres naves, onde sobresae o altar maior. Tamén merece especial interese o castelo do Bolo.

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro by amaianos
Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro, a photo by amaianos on Flickr.


O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Faro de Punta Nariga

Faro by amaianos
Faro , a photo by amaianos on Flickr.
O Faro de Punta Nariga está en funcionamento dende 1997, foi diseñado polo arquitecto César Portela, representa un barco de pedra que nos achega ao mar.
Como o marcarón de proa sitúase un atlante obra do escultor Manolo Coia retando as olas do mar.
Dende a proda vese o inmenso océano e a esquerda sitúase a zona de O Roncudo en Corme e a dereita as Illas Sisargas

viernes, 8 de abril de 2011

Cañón do Sil

Cañón do Sil by amaianos


















Cañón do Sil, a photo by amaianos on Flickr.
A erosión fluvial do Sil labrou a profunda fenda que o conduce ata desembocar no Miño.

Na súas paredes atoparemos mosteiros románicos e Benedictinos que xa lle daban nome a Ribeira Sacra na idade media.

Poderemos tamén atopar aves rapaces como a aguia real e o falcón peregrino.

Os Balcóns de Madrid e un dos miradoiros que atoparemos na estrada, e que nos ofrece unhas vistas incribles deste paraxe.

jueves, 7 de abril de 2011

A Moa (Monte Pindo-Carnota)

A Moa by amaianos
A Moa, a photo by amaianos on Flickr.
A Moa e un lugar deses privilexiados dos que un non se esquence unha vez o visita, dende a súa cume podemos ollar toda a praia de Carnota e Fisterra.

Sinxelo de chegar por varios camiños, un que recomendamos e subir polo mirador do Ézaro e disfrutar dunha paisaxe moi fermosa, logo seguir a estrada ata o cumio da presa do Ézaro, a cruzamos e chegamos a un pequeno aparcamento onde empeza unha pequena ruta sinalizada que nos levará o cumio da Moa.

martes, 5 de abril de 2011

Xardins do Pazo de Oca, A Estrada

Xardins do Pazo de Oca, A Estrada





O Pazo de Oca ou Versalles Galego, sen dúbida un lugar de visita obrigada.
Declarado monumento histórico artístico,.
Neste momento os propietarios son a familia Medinaceli, unha das mais importantes no territorio estatal.
Paga a pena a súa visita tanto polo aspecto botánico como arquitectónico ou simplemente para disfrutar dunha tarde relaxada ao son das fontes que posúe.

Fácil de atopar, saindo de Compostela en dirección a Lalín a uns 25 km atópase un desvío ben sinalizado que nos leva directamente ao Pazo.

lunes, 4 de abril de 2011

Garita de Herbeira

Garita de Herbeira by amaianos
Garita de Herbeira, a photo by amaianos on Flickr.
A garita de Herbeira atópase na serra da Capelada, dende o miradoiro pódense ollar os acantilados mais altos de Europa cunha caída de 613, e moi frecuente ollar cabalos salvaxes na zona, e unha visita obrigada e inesquecible.

Como chegar, dende Cedeira tomar a estrada a San Andrés de Teixido e Cariño, logo de pasar por Teixidelo a 3 km atópase o miradoiro,

domingo, 3 de abril de 2011

"Monumento o Voyeur", de Enrique Saavedra Chicheri

"Monumento al Voyeur", de Enrique Saavedra Chicheri
Escultura obra do artista Enrique Saavedra Chicheri, consiste nun enorme catalexo, estaba formado polo propio catalexo a unha silla xa desaparecida, o artista pretendía mofarse das malas costumes do ser humán.

Fácil de atopar, buscaremos Arteixo para logo dirixirnos a praia de Sabón, no paseo de Valcobo encontraremos este singular monumento.

viernes, 1 de abril de 2011

Fervenza Chacín

Fervenza Chacín by amaianos

No Concello de Mazaricos atopamos a fervenza de Santa Leocadia ou de Chacín.


Para chegar tomamos a estrada que vai dende Pino do Val ata Serra de Outes, nunha desas curvas pechadas típicas das estradas galegas atopamos unha pequena ermita a esquerda, a capela de Santa Leocadia, alí aparcaremos o coche e por un sendeiro que dicurre tras dela atoparemos facilmente a fervenza polo son das augas

jueves, 31 de marzo de 2011

Parque da Natureza Río Barosa (Barro-Pontevedra)

Ría Barosa by amaianos
Ría Barosa, a photo by amaianos on Flickr.
Complexo etnográfico-medioambiental do río Barosa, e unha parada fundamental do Camiño Portugués hacia Compostela, nos márxenes construiron dezasete muíños, formando un complexo hidráulico de moendas de cereais.

Posúe unha ruta de senderismo de pouca dificultade, así como sitios para comer e disfrutar dunha tarde relaxada coa familia.

Atópase na estrada N-550 que une Caldas e Pontevedra km 104 en Barro.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Ecoespazo Do Rexo (Allariz)

Ecoespazo Do Rexo by amaianos
Ecoespazo Do Rexo, a photo by amaianos on Flickr.
Localizado na parroquia de Requeixo de Valverde (Allariz), o Ecoespazo do Rexo é un proxecto pioneiro de recuperación de zonas rurais, patrocinado pola Fundación Ramón González Ferreiro e o Concello de Allariz.

O Ecoespazo do Rexo inclúe granxa escola e fábrica de queixo, un Centro de Educación Ambiental, unha minicentral hidroeléctrica e unha intervención artística sobre rochas e árbores do escultor vasco Agustín Ibarrola

Para visitalo hai que saír de Allariz pola estrada a Xunqueira de Ambía e toma-la saída a Requeixo de Valverde, o acceso é libre e gratuíto

martes, 29 de marzo de 2011

Castelo de Pambre (Palas de Rei)

Castelo de Pambre by amaianos
Castelo de Pambre, a photo by amaianos on Flickr.
O Castelo de Pambre é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña.
Foi construido a finais do século XIV por don Gonzalo Ozores de Ulloa.

Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo e temendo pola súa vida, decide fuxir salvando a vida e o castelo que foi respectado polos irmandiños.