jueves, 7 de abril de 2011
A Moa (Monte Pindo-Carnota)
Sinxelo de chegar por varios camiños, un que recomendamos e subir polo mirador do Ézaro e disfrutar dunha paisaxe moi fermosa, logo seguir a estrada ata o cumio da presa do Ézaro, a cruzamos e chegamos a un pequeno aparcamento onde empeza unha pequena ruta sinalizada que nos levará o cumio da Moa.

domingo, 3 de abril de 2011
"Monumento o Voyeur", de Enrique Saavedra Chicheri

Escultura obra do artista Enrique Saavedra Chicheri, consiste nun enorme catalexo, estaba formado polo propio catalexo a unha silla xa desaparecida, o artista pretendía mofarse das malas costumes do ser humán.
Fácil de atopar, buscaremos Arteixo para logo dirixirnos a praia de Sabón, no paseo de Valcobo encontraremos este singular monumento.
lunes, 28 de marzo de 2011
Praia dos Cristais; Laxe

A Praia dos cristais sitúase nas aforas de Laxe, está situada ao carón do cemiterio, nunha zona chamada Baleira. É un capricho da natureza coa axuda involuntaria do home, xa que durante moitos anos a poucos metros vertianxe o lixo da vila (pechado fai anos), e os cristrais rotos e pulidos polas mareas foron acumulándose nesa pequena praia. Deixando a man esqueda a praia dos cristais. Chegaremos ao lugar coñecido coma a "Furna da Espuma". Alí hai un pequeno mirador dende onde se pode ver o por que do seu nome, sobre todo se o mar esta un pouco picado. Non falta a Pedra dos Namorados, tamén vista noutros lugares como na zona de Reira ou na Barca. Durante anos as parellas deixaban grabado na pedra os seus nomes coma proba do seu amor (algúns mesmo de principios de século xx). UN fermoso lugar para ver as postas de sol con vistas a Camelle e Arou.

domingo, 27 de marzo de 2011
Lagoa de As Xarfas e Monte Louro, Muros

Conxunto de Lagoa de Xarfas, praia de Area Maior e Monte Louro, a Lagoa está pechada ao mar polas dunas da praia de Area Maior, praia na que mais preto do Monte Louro practícase o nudismo, como curiosidade dicir que nestes areais encóntrase a Lilaeopsis Caroliana unha especia de flora única na comunidade Galega.
