A Praia dos cristais sitúase nas aforas de Laxe, está situada ao carón do cemiterio, nunha zona chamada Baleira. É un capricho da natureza coa axuda involuntaria do home, xa que durante moitos anos a poucos metros vertianxe o lixo da vila (pechado fai anos), e os cristrais rotos e pulidos polas mareas foron acumulándose nesa pequena praia. Deixando a man esqueda a praia dos cristais. Chegaremos ao lugar coñecido coma a "Furna da Espuma". Alí hai un pequeno mirador dende onde se pode ver o por que do seu nome, sobre todo se o mar esta un pouco picado. Non falta a Pedra dos Namorados, tamén vista noutros lugares como na zona de Reira ou na Barca. Durante anos as parellas deixaban grabado na pedra os seus nomes coma proba do seu amor (algúns mesmo de principios de século xx). UN fermoso lugar para ver as postas de sol con vistas a Camelle e Arou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario