Mostrando entradas con la etiqueta Galicia Meiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia Meiga. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2014

MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

 
MUÍÑOS DE MAQUÍAS OU ZAMÁNS.

Situación
Este conxunto vigués está situado na parroquia de Valadares, se accede dende a estrada PO-331 estrada que une Gondomár co Porriño, baixo o monte Galiñeiro, hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do río de Zamáns onde se localizan estes muíños.

A contorna en que se localiza forma parte do sendeiro panorámico de Vigo, GR-53 e toda a zona posúe un gran valor medioambiental.

Descrición
O conxunto está formado por dúas edificacións. Unha delas é unha vivenda muíño con dúas alturas e o outro un muíño de configuración habitual.
O nome Maquía provén da medida de moenda que a persoa usuaria debería pagar ao propietario do muíño por moer o gran.

Vivenda muíño
Este é o muíño principal e vivenda da persoa que estaba a cargo da moenda.
Presenta dúas plantas de altura baixo unha cuberta a dúas augas.

Fachada principal
O máis especular a primeira vista é o pórtico da fachada principal, composto por unha esqueira de seis chanzos gradados a tres caras piramidalmente. Esta esqueira pétrea introdúcenos nun patín que ocupa o largo da fachada, con catro columnas, con cadansúa base e capitel. Estas columnas son cúbicas con rebaixes achafranados nas arestas. As columnas están unidas entre si dúas a dúas por senllos peitorís, deixando a zona central exenta para acceso ao patín. As columnas sosteñen a prolongación cara a fóra da planta superior creando un claro efecto de soportal.





viernes, 31 de agosto de 2012

Pantalla de Xinzo de Limia

pantalla by amaianos
pantalla, a photo by amaianos on Flickr.
As Pantallas é o máis característico do carnaval de Xinzo de Limia, é o nome que reciben as peculiares máscaras. Este disfrazo está formado por unha camisa e uns calzóns de cor branco. Tamén ten unha capa de cor vermello con citas de cores e unha faixa arredor da cintura do mesmo ton, un cinto con axóuxeres e unha careta de cartón na que se debuxan distintos motivos animais ou celestes, que é o que lle dá o nome ó disfrazo. As Pantallas son as encargadas de que a xente se disfrace polo que perseguen a tódolos que se atreven a saír á rúa sen disfrazar. Levan na man vexigas de vaca secas e cheas de ar, que baten unhas con outras pra que saibamos que están aí. Cando se atopan a alguén sen disfrazar lévano ó bar máis próximo para obrigalo a pagar unha rolda de viño. As pantallas convértense eses días nas raíñas da festa e das rúas.

sábado, 25 de agosto de 2012

As Ermidas (O Bolo, Ourense)

As Ermidas (O Bolo, Ourense) by amaianos
As Ermidas (O Bolo, Ourense), a photo by amaianos on Flickr.

 O que visite o concello do Bolo ten que ve-lo Santuario das Ermidas, situado xunto ó río Bibei, nun enclave privilexiado. O santuario é de estilo barroco e chégase a el despois dun percorrido polo viacrucis da mesma época. É único en España e está constituído por tres naves, onde sobresae o altar maior. Tamén merece especial interese o castelo do Bolo.

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro

Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro by amaianos
Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro, a photo by amaianos on Flickr.


O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.

Ruta da auga (Ames)


Ruta da auga (Ames) by amaianos
Ruta da auga (Ames), a photo by amaianos on Flickr.


  • Sendeiro: circular
  • Distancia: 7 quilómetros
  • Duración estimada: 2.30 horas
  • Desnivel máximo: 260 metros
  • Altitude: de 90 a 350 metros
  • Dificultade: media
  • Cartografía: folla 94-IV Santiago (mapa topográfico nacional 1:25.000)
 Comézase o percorrido ao pé do muíño restaurado de Vilar a 90 metros de altitude, aproximadamente. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño á esquerda ata chegar a unha pista forestal. De seguido, chégase ao primeiro dos muíños, o muíño de Ortoño, o único que queda á beira dereita do regato de Riamonte.

Crúzase o regato por unha pontella e déixase á esquerda. O camiño segue por un tramo de bosque de ribeira, entre freixos e ameneiros, que descobren o resto dos muíños: o Novo, o da Xustiza, o da Pedra... ata chegar ao muíño de Arriba de Todo. Dez muíños en 500 metros, entre pozas e pequenas fervenzas, que manteñen o seu misterio de tradicións e historias.

Os muíños de Riamonte moían todo o verán coas augas que se estancaban no pozo, mentres noutros lugares escaseaba a auga e interrompían o traballo. Forman parte dunha forma de vida comunitaria, na que os veciños tiñan cadansúa obriga, dende a apertura do pozo, dereito outorgado ao levador do Muíño Vello, ata a picadura das pedras de moer ou o mantemento de paredes e tellados.

Despois de dous quilómetros de percorrido, ao remate deste camiño entre a fraga, sóbese por unha pista ata chegar ao Pozo de Riamonte, o lugar onde se represaba a auga para o funcionamento dos muíños. Unha pista forestal conduce dende o pozo ata a estrada que comunica Castelo con Cortegada. Despois de 20 metros por esta estrada, tómase outra pista sinalizada á dereita, en constante subida entre plantacións de eucaliptos, ata chegar ao punto máis alto do percorrido, na metade do traxecto. Trátase do Miradoiro do Monte de San Marcos, situado a 343 metros de altitude. Dende aquí, pódese contemplar unha magnífica panorámica do val do río Sar e de toda a comarca. En 200 metros chégase ás ruínas da Ermida de San Marcos, a carón dun posible asentamento dunha torre de vixiancia medieval.

A volta faise en continuo descenso, seguindo as marcas dos postes de madeira que axudan a guiar o camiño, alternando entre monte baixo de toxo e eucaliptal, rodeando a ladeira do Monte de San Marcos polo sur primeiro e logo polo oeste.

Os últimos dous quilómetros volven achegarse preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para rematar, despois de cruzar a ponte, no mesmo lugar onde principiou o camiño.

jueves, 16 de febrero de 2012

Praia do Rostro, Fisterra

Praia do Rostro, Fisterra by amaianos
Praia do Rostro, Fisterra, a photo by amaianos on Flickr.
Existe unha lenda asociada a esta praia que afirma que debaixo das súas areas se atopa a mítica cidade de Dugium, fundada polos nerios e que sucumbiu baixo unha enorme onda nun apocalíptico temporal. O certo é que algo aconteceu aquí posto que o estudio|estudo xeolóxico demostra que, baixo a area, se sucederon cambios xeolóxicos con demasiada rapidez e se atoparon notables restos arqueolóxicos.
guias.masmar.net/Playas/Galicia/Praia-do-Rostro-Fisterra

jueves, 1 de septiembre de 2011

Faro de Punta Nariga

Faro by amaianos
Faro , a photo by amaianos on Flickr.
O Faro de Punta Nariga está en funcionamento dende 1997, foi diseñado polo arquitecto César Portela, representa un barco de pedra que nos achega ao mar.
Como o marcarón de proa sitúase un atlante obra do escultor Manolo Coia retando as olas do mar.
Dende a proda vese o inmenso océano e a esquerda sitúase a zona de O Roncudo en Corme e a dereita as Illas Sisargas

martes, 26 de abril de 2011

Pazo de Cascaxide en Escuadro (Silleda)

Pazo do século XVII, no interior un hórreo un cruceiro e unha capela completan o monumento.

Pegado a este Pazo atopamos o centenario bosque de Cascaxide unha fragua de sete hectáreas poboada por especies autóctonas, e que foi galardoada co premio nacional de bosques no ano 2008.

Paga a pena visitar os arredores e un paseo polo bosque.

Como curiosidade dicir que neste Pazo rodouse a serie Piratas de Tele 5

lunes, 25 de abril de 2011

San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces)

 (Vila de Cruces)San Salvador de Camanzo by amaianos
San Salvador de Camanzo, a photo by amaianos on Flickr.
Igrexa románica construída no século XII. Conserva restos prerománicos no trazado das súas ábsidas, as pinturas son dos século XVI, o seu estado xeral e regular, coidado pola irmán do párroco e con lápidas a xeito de bebedeiro de galiñas pouco mais se pode dicir, pero paga a pena unha visita xa que e unha obra fantástica do románico.

viernes, 15 de abril de 2011

Santa María de Sobrado

Santa María de Sobrado by amaianos


Santa María de Sobrado, a photo by amaianos on Flickr.

Sobrado dos Monxes
Grande complexo que alcanzou o seu apoxeo nos s. XV e XVI. Abandonado no século pasado, foi novamente ocupado e restaurado dende finais dos anos 50. A igrexa actual é Barroca, do S XVII .Destacan as capelas da Madalena e a do Rosario, e a sancristía Renacentista (obra de Juan de Herrera). Os tres claustros, o da hospedaxe, o das procesións e o grande, a sala capitular, a súa espectacular cociña e o comedor, completan as principais estanzas.

jueves, 14 de abril de 2011

Ponte de Vilanova (Allariz)

Allariz by amaianos
Allariz, a photo by amaianos on Flickr.
De orixe románica, era un importante acceso á vila e estaba defendido polos cabaleiros da Orde de San Juan de Jerusalén.

Situado nun paseo precioso ao carón do río Arnoia, paga a pena un recorrido pola vila para disfrutar de moitas cousas que nos afrece este fermoso pobo de Allariz.

miércoles, 13 de abril de 2011

Santa Mariña de Dozo (Cambados)

As ruinas de Santa Mariña de Dozo atópanse en Cambados, templo que mandaron construir Juana de Hungría e María de Ulloa a mediados do século XVI.

As ruinas de Santa Mariña foron declaradas monumento histórico artístico en 1943.

A visita pódese completar tomando unhas boas tapas na zona da praza de Fefiñans

martes, 12 de abril de 2011

Mosteiro Santa Cristina de Ribas de Sil

Mosteiro do século IX que está situado nun dos paraxes mais fermosos da Ribeira Sacra, todo o entorno fai un conxunto que deixa ao visitante imaxinando aqueles tempos sin prisas, adicados a meditación e aos pensamentos do ser humán, unha ledicia para o visitante.

lunes, 11 de abril de 2011

Refuxio de Verdes, Coristanco

Refuxio de Verdes, Coristanco by amaianos
Refuxio de Verdes, Coristanco, a photo by amaianos on Flickr.
O Refuxio de Verdes no Concello de Coristanco ofrécenos a natureza para disfrutar dela das mais variadas maneiras, dende mesas para comer e disfrutar dun bo churrasco, ata augas cristalinas para o baño e longos sendeiros para pasear.

Descubriremos o río Anllons e varios pontes para atravesalo, fontes, muiños, e en todo momento protexidos do sol por un fermoso bosque de carballos.

Para atopalo sixelo, estrada de Carballo ata Fisterra aos 3 km atopamos un indicador na dereita que nos informa o acceso, sin perda posible.

domingo, 10 de abril de 2011

SANTALLA DE BÓVEDA

SANTA EULALIA DE BÓVEDA by amaianos
SANTA EULALIA DE BÓVEDA, a photo by amaianos on Flickr.
Un dos lugares máxicos de Galicia e de Europa.

Créese que súa construcción data do século IV e a súa finalidade ainda segue a ser un misterio, uns falan de ritos relixiosos, outros que si ofrenda a auga, e tamén se ten escoitado que podía estar soterrado Prisciliano, a saber...

As pinturas murais romanas son impresionantes, nas que estan representadas diversas aves como pombas, pavos reais e faisans.

Paga a pena unha visita.

sábado, 9 de abril de 2011

O Cebreiro

Palloza by amaianos

Palloza, a photo by amaianos on Flickr.
O Cebreiro e a primera etapa do Camiño Francés en territorio galego, unha aldea fermosa nas súas pequenas e estreitas rúas, posúe as típicas pallozas, algunha das cales está adicada a museo.

Tamén e de visita obrigada o Santuario de Santa María do siglo IX.

viernes, 8 de abril de 2011

Cañón do Sil

Cañón do Sil by amaianos


















Cañón do Sil, a photo by amaianos on Flickr.
A erosión fluvial do Sil labrou a profunda fenda que o conduce ata desembocar no Miño.

Na súas paredes atoparemos mosteiros románicos e Benedictinos que xa lle daban nome a Ribeira Sacra na idade media.

Poderemos tamén atopar aves rapaces como a aguia real e o falcón peregrino.

Os Balcóns de Madrid e un dos miradoiros que atoparemos na estrada, e que nos ofrece unhas vistas incribles deste paraxe.

jueves, 7 de abril de 2011

A Moa (Monte Pindo-Carnota)

A Moa by amaianos
A Moa, a photo by amaianos on Flickr.
A Moa e un lugar deses privilexiados dos que un non se esquence unha vez o visita, dende a súa cume podemos ollar toda a praia de Carnota e Fisterra.

Sinxelo de chegar por varios camiños, un que recomendamos e subir polo mirador do Ézaro e disfrutar dunha paisaxe moi fermosa, logo seguir a estrada ata o cumio da presa do Ézaro, a cruzamos e chegamos a un pequeno aparcamento onde empeza unha pequena ruta sinalizada que nos levará o cumio da Moa.

martes, 5 de abril de 2011

Xardins do Pazo de Oca, A Estrada

Xardins do Pazo de Oca, A Estrada





O Pazo de Oca ou Versalles Galego, sen dúbida un lugar de visita obrigada.
Declarado monumento histórico artístico,.
Neste momento os propietarios son a familia Medinaceli, unha das mais importantes no territorio estatal.
Paga a pena a súa visita tanto polo aspecto botánico como arquitectónico ou simplemente para disfrutar dunha tarde relaxada ao son das fontes que posúe.

Fácil de atopar, saindo de Compostela en dirección a Lalín a uns 25 km atópase un desvío ben sinalizado que nos leva directamente ao Pazo.

lunes, 4 de abril de 2011

Garita de Herbeira

Garita de Herbeira by amaianos
Garita de Herbeira, a photo by amaianos on Flickr.
A garita de Herbeira atópase na serra da Capelada, dende o miradoiro pódense ollar os acantilados mais altos de Europa cunha caída de 613, e moi frecuente ollar cabalos salvaxes na zona, e unha visita obrigada e inesquecible.

Como chegar, dende Cedeira tomar a estrada a San Andrés de Teixido e Cariño, logo de pasar por Teixidelo a 3 km atópase o miradoiro,